2 de septiembre de 2026

Convocada a Asemblea Xeral de Socios e Socias

A Xunta Directiva da Peña Eternos do Barça de Ourense convoca a todos os socios e socias á Asemblea Xeral, que terá lugar o vindeiro mércores 9 de setembro, no noso local social da Rúa Xoan de Novoa.

A reunión celebrarase ao rematar o partido da Champions League, co obxectivo de facilitar a asistencia do maior número posible de socios e socias.

Durante a Asemblea abordaranse os diferentes asuntos de interese para a Peña, así como a situación actual da entidade e os proxectos e actividades previstos para a nova tempada.

Desde a Xunta Directiva animamos a todos os socios e socias a participar e achegar as súas opinións, propostas e suxestións. A participación de todos e todas é fundamental para seguir facendo medrar a nosa Peña.

Contamos coa túa asistencia!

Força Barça! 💙❤️

No hay comentarios:

Publicar un comentario