11 de septiembre de 2025

Lotería de Nadal 2025

 

🎄✨ Xa temos a nosa Lotería de Nadal: o 63123! ✨🎄

Chega o frío, os turróns, as panxoliñas… e como non, a Lotería de Nadal da Peña Eternos do Barça! Este ano xogamos co número máis culé e máis cheo de ilusión: o 63123.

Dicen que a sorte hai que buscala… e nós xa a temos reservada. Só falta que ti collas a túa participación, porque quen sabe, igual o 22 de decembro o Gordo ven vestido de blaugrana directo ao noso local 🎁🔵🔴.

Imos imaxinar un momento:
👉 O 63123 sae premiado.
👉 Ti tes a túa participación.
👉 E celebrámolo todos/as xuntos na Peña cun vermut ben frío, cantando o himno do Barça a pleno pulmón.

Non deixes que che conten a festa, ti tamén podes ser parte! 🍀

📌 Participacións dispoñibles no noso local social.
📌 Número: 63123 (o número que xa soa a campión).

⚡Acorda, que quen non xoga… non gaña! E lembra: este Nadal, ademais de soñar co triplete, soñamos co Gordo.

Visítanos, colle o teu décimo e dálle unha oportunidade á sorte de vestirse de azul e grana 💙❤️


26 de agosto de 2025

Tarifas para a tempada 2025/2026

📢 Novas tarifas da Peña 2025/2026 📢

Informámosvos que xa están dispoñibles as tarifas para socios e socias da tempada 2025/2026.
O pagamento poderá realizarse directamente no local social ou, se o preferides, mediante transferencia bancaria á conta da Peña.

✅ Seguir formando parte da nosa familia culé é a mellor maneira de vivir e animar ao noso Barça!


Apertura da nova tempada futbolística

 ✨ O domingo 3 de agosto volvemos en familia culé! ✨

Abrimos de novo o local social para vivir xuntos a emoción dos partidos do FC Barcelona.
Agardámosvos a todos e todas, con forza, ilusión e moitas gañas de animar ao noso Barça 💙❤️

Renovación da Xunta directiva

 Na Asamblea de inicio de tempada que se celebrará na terceira semana do mes de setembro, dependendo do día do que o FC Barcelona xogue na Champions, renovaremos a Xunta directiva da Peña segundo se indica no seguinte cartaz:

1 de julio de 2025

A prensa faise eco da cea de fin de tempada

O xornal "La Región" de Ourense fíxose eco da cea de fin de tempada organizada pola nosa Peña no restaurante O Ribeiro de Ourense.



9 de junio de 2025

XXXI Xuntanza de Peñas barcelonistas galegas

 Boiro tinguiuse de blaugrana… e nós alí estivemos!

O pasado domingo 8 de xuño, a nosa entrañable Peña Eternos do Barça fixo acto de presenza na XXXI Xuntanza de Peñas Barcelonistas Galegas, celebrada este ano en Boiro, e que conseguiu xuntar a un total de 17 peñas cheas de paixón culé.

O noso estandarte levouno o vicepresidente José Lloves, que representou a Peña con moito orgullo e algunha que outra ración de entusiasmo. E como non podía ser doutro xeito, o Fútbol Club Barcelona tamén dixo "presente", nada máis e nada menos que co seu vicepresidente Antonio Escudero, que chegou desde a cidade condal cargado de trofeos: a Liga e a Copa desta tempada. E claro… ¡formouse unha boa cola de peñistas para facerse a foto cos títulos! Algún incluso se atreveu a pedir un selfie cos trofeos, por se acaso tamén traían sorte para a lotaría.

Pero a cousa non rematou aí: os nosos cámaras non deron abasto cando apareceron dúas lendas do Dream Team de Cruyff: Eusebio e Serna, que nos acompañaron entre sorrisos, sinaturas e moita nostalxia azulgrana.

Como en todas as edicións, o momento estelar chegou co xa tradicional desfile de peñistas polo centro de Boiro, animado por grupos de música, bombos e moita alegría. Unha marea de camisetas do Barça que fixo tremer as rúas e que desembocou no Pazo de Goiáns, onde se entregaron os Premios Barça-Galicia, entre aplausos, emoción e algún que outro brinde espontáneo.

O colofón? Un xantar de confraternidade preparado con agarimo polos nosos amigos da Peña Barcelonista do Barbanza, que nos recibiron como reis e nos deixaron o bandullo ben cheo e o corazón máis blaugrana que nunca.

Un día para recordar, repetir… ¡e contar unha e outra vez na nosa Peña!



31 de mayo de 2025

Cea Fin de tempada 2024/2025

Un brinde culé en Ourense

O pasado 30 de maio, a Peña Eternos do Barça puxo fin á tempada 2024/2025 cunha cea inesquecible no restaurante O Ribeiro de Ourense, rexentado polo noso compañeiro e apaixonado culé Moncho.

Unha trintena de peñistas xuntámonos para celebrar, entre risas, brindes e boa comida, os éxitos acadados polo noso querido FC Barcelona nesta tempada. Foi unha noite de irmandade, orgullo barcelonista e moitas conversas sobre xogadas, goles e emocións que nos fixeron vibrar ao longo do ano.

O ambiente non puido ser mellor: Moncho, como sempre, acolleunos con agarimo e fixo que nos sentísemos coma na casa, ofrecéndonos un menú exquisito e un trato de dez. Entre brindes por Flick, goles de Lewandowski e Lamine Yamal e promesas para a nova tempada, a cea converteuse nun auténtico encontro de paixón azulgrana.

Desde a directiva da Peña queremos agradecer a todos os asistentes pola súa participación e espírito culé. Seguimos facendo peña, facendo Barça e facendo historia.

¡Visca el Barça e visca la Peña Eternos!