31 de mayo de 2025

Cea Fin de tempada 2024/2025

Un brinde culé en Ourense

O pasado 30 de maio, a Peña Eternos do Barça puxo fin á tempada 2024/2025 cunha cea inesquecible no restaurante O Ribeiro de Ourense, rexentado polo noso compañeiro e apaixonado culé Moncho.

Unha trintena de peñistas xuntámonos para celebrar, entre risas, brindes e boa comida, os éxitos acadados polo noso querido FC Barcelona nesta tempada. Foi unha noite de irmandade, orgullo barcelonista e moitas conversas sobre xogadas, goles e emocións que nos fixeron vibrar ao longo do ano.

O ambiente non puido ser mellor: Moncho, como sempre, acolleunos con agarimo e fixo que nos sentísemos coma na casa, ofrecéndonos un menú exquisito e un trato de dez. Entre brindes por Flick, goles de Lewandowski e Lamine Yamal e promesas para a nova tempada, a cea converteuse nun auténtico encontro de paixón azulgrana.

Desde a directiva da Peña queremos agradecer a todos os asistentes pola súa participación e espírito culé. Seguimos facendo peña, facendo Barça e facendo historia.

¡Visca el Barça e visca la Peña Eternos!



No hay comentarios:

Publicar un comentario