16 de junio de 2013

XXIII Xuntanza de Peñas Barcelonistas Galegas

Como ben sabedes, o fin de semana do 15 e 16 de xuño celebrouse Ourense, e organizada pola Peña Eternos do Barça, a XXIII Xuntanza de Peñas Barcelonistas Galegas.

Para nós foi un pracer contar coa presenza de practicamente todas as Peñas galegas, ás cales damos o noso máis sincero agradecemento pola súa participación no evento, e sobre todos pola colaboración e comprensión naqueles posibles erros organizativos que tivemos.

Asemade, tamén queremos dar as grazas á Federación de Peñas Galegas, tan ben representada polo noso Presidente D. Salvador Cerviño, polo seu apoio e asesoramento na organización da Xuntanza.

Agradecemos de xeito moi especial, ao Ex. Sr Alcalde, D. Agustín Fdez, e ao Concelleiro de Deportes D. Alfonso Vilachá toda a colaboración prestada na promoción e proxección desta nosa querida cidade de Ourense

Para finalizar, é de agradecer o apoio e colaboración ofrecido polo FC Barcelona, a súa presencia nos dous días da Xuntanza de membros tan distinguidos da entidade como D. Amador Bernabeu, D. Silvio Elías e a Paco Clos. Non nos esquecemos da amabilidade de Dª. María Payuelos e Cristina, que foron o noso contacto directo coa entidade.

Por outra banda, todo ese complexo entramado organizativo non sería posible sen o patrocinio e apoio económico que nos brindou o diario Mundo Deportivo, representado na Xuntanza por D. Francesc Perearnau e Lobo Carrasco. Non sería xusto esquecernos da esposa de Perearnau, Mª José, que actuou de presentadora ao longo das dúas xornadas e dos adestradores Manolo Tomé, Mario Guede e Cándido Gómez que participaron de xeito totalmente altruísta.


Galería de imaxes da entrega de premios

Galería de imaxes da entrega de premios e agasallos que realizamos na Xuntanza.


Galería de imaxes do Xantar da Xuntanza

Galería de imaxes do Xantar que realizamos na Carballeira de Santa Cruz o día 16 de xuño.


Galería de imaxes da visita ás Burgas e a Outariz

Galería de imaxes da visita que realizamos ás Termas de Outariz e As Burgas de Ourense.


Galería de imaxes da recepción no Concello

Galería de imaxes da recepción que tivemos no Concello de Ourense.


Galería de imaxes do desfile da Xuntanza

Galería de imaxes do desfile que realizamos desde o Parque se San Lázaro ata o Concello de Ourense.


Galería de imaxes da cena de gala da Xuntanza

Galería de imaxes da cena de gala da XXIII Xuntanza de Peñas Galegas.


Galería de Imaxes do Coloquio

Galería de imaxes do coloquío que tivemos no Liceo Ourensano o día 15 de xuño.