16 de junio de 2013

XXIII Xuntanza de Peñas Barcelonistas Galegas

Como ben sabedes, o fin de semana do 15 e 16 de xuño celebrouse Ourense, e organizada pola Peña Eternos do Barça, a XXIII Xuntanza de Peñas Barcelonistas Galegas.

Para nós foi un pracer contar coa presenza de practicamente todas as Peñas galegas, ás cales damos o noso máis sincero agradecemento pola súa participación no evento, e sobre todos pola colaboración e comprensión naqueles posibles erros organizativos que tivemos.

Asemade, tamén queremos dar as grazas á Federación de Peñas Galegas, tan ben representada polo noso Presidente D. Salvador Cerviño, polo seu apoio e asesoramento na organización da Xuntanza.

Agradecemos de xeito moi especial, ao Ex. Sr Alcalde, D. Agustín Fdez, e ao Concelleiro de Deportes D. Alfonso Vilachá toda a colaboración prestada na promoción e proxección desta nosa querida cidade de Ourense

Para finalizar, é de agradecer o apoio e colaboración ofrecido polo FC Barcelona, a súa presencia nos dous días da Xuntanza de membros tan distinguidos da entidade como D. Amador Bernabeu, D. Silvio Elías e a Paco Clos. Non nos esquecemos da amabilidade de Dª. María Payuelos e Cristina, que foron o noso contacto directo coa entidade.

Por outra banda, todo ese complexo entramado organizativo non sería posible sen o patrocinio e apoio económico que nos brindou o diario Mundo Deportivo, representado na Xuntanza por D. Francesc Perearnau e Lobo Carrasco. Non sería xusto esquecernos da esposa de Perearnau, Mª José, que actuou de presentadora ao longo das dúas xornadas e dos adestradores Manolo Tomé, Mario Guede e Cándido Gómez que participaron de xeito totalmente altruísta.


No hay comentarios:

Publicar un comentario