Socios e socias

Nesta sección poderás consultar as contías aprobadas para a tempada 2025/2026 e seguir os pasos necesarios para formalizar a túa alta como peñista oficial do FC Barcelona a través da Peña Eternos do Barça.

Contías Tempada 2025/2026


As contías anuais para formar parte da Peña Eternos do Barça e gozar de todas as vantaxes como peñista oficial do FC Barcelona son as seguintes:
  • Cota anual adulto/a (a partir de 18 anos): 80 €
  • Cota anual xuvenil (menores de 18 anos) e parados: 20€
  • Cota anual de parellas dos socios e socias: 20€

Como darse de alta na web de Peñistas do FC Barcelona


Para formalizar a túa inscrición como peñista do FC Barcelona vinculado á nosa Peña, segue estes sinxelos pasos:
  • Ten a man o teu móbil e o correo electrónico que tes asociado ao dispositivo.
  • Accede á web oficial de Peñistas do FC Barcelona: https://penyes.fcbarcelona.com
  • Segue os pasos indicados para darte de alta como peñista.
  • Durante o proceso, solicita ser peñista da nosa Peña: Peña Eternos do Barça, que poderás localizar facilmente coa credencial oficial 0446.
  • Unha vez finalizado o proceso, o Xestor da nosa Peña aprobará a túa solicitude se estás ao corrente dos pagos das cuotas anuais como socio da Peña.
  • Recibirás o carné oficial de peñista na dirección postal que facilitaches ao FC Barcelona.
Se tes calquera dúbida ou precisas axuda durante o proceso, non dubides en poñerte en contacto connosco na Peña ou por correo en eternosdobarsa@gmail.com. Estaremos encantados de botarche unha man.

1 comentario: