15 de septiembre de 2026

Actualización da Xunta Directiva tras a Asemblea do 9 de setembro

 Na asemblea ordinaria celebrada o pasado 9 de setembro, a asociación aprobou a renovación da súa Xunta Directiva, que queda oficialmente constituída segundo a imaxe que acompaña esta nova.

A nova directiva asume o compromiso de continuar co traballo desenvolvido ata o de agora, reforzar a participación das persoas socias e impulsar novas iniciativas que contribúan ao crecemento e dinamización da entidade.



2 de septiembre de 2026

Convocada a Asemblea Xeral de Socios e Socias

A Xunta Directiva da Peña Eternos do Barça de Ourense convoca a todos os socios e socias á Asemblea Xeral, que terá lugar o vindeiro mércores 9 de setembro, no noso local social da Rúa Xoan de Novoa.

A reunión celebrarase ao rematar o partido da Champions League, co obxectivo de facilitar a asistencia do maior número posible de socios e socias.

Durante a Asemblea abordaranse os diferentes asuntos de interese para a Peña, así como a situación actual da entidade e os proxectos e actividades previstos para a nova tempada.

Desde a Xunta Directiva animamos a todos os socios e socias a participar e achegar as súas opinións, propostas e suxestións. A participación de todos e todas é fundamental para seguir facendo medrar a nosa Peña.

Contamos coa túa asistencia!

Força Barça! 💙❤️

1 de septiembre de 2026

As cotas da Peña Eternos do Barça mantéñense sen cambios

A Peña Eternos do Barça de Ourense informa a todos os seus socios e socias de que as cotas para a tempada 2026/2027 se manteñen nos mesmos importes que na tempada anterior.

Na imaxe que acompaña esta nova pódense consultar os diferentes tipos de cotas e os importes correspondentes para esta nova tempada.

Deste xeito, a Xunta Directiva aposta por manter as mesmas condicións económicas, facilitando así a continuidade dos socios e socias e a incorporación de novas persoas á nosa Peña.

Animamos a todos os peñistas a manterse ao día no pagamento da súa cota e a seguir participando nas actividades e encontros que organizaremos ao longo da tempada.


Grazas a todos e todas por seguir facendo crecer a Peña Eternos do Barça!

Força Barça! 💙❤️



11 de septiembre de 2025

Lotería de Nadal 2025

 

🎄✨ Xa temos a nosa Lotería de Nadal: o 63123! ✨🎄

Chega o frío, os turróns, as panxoliñas… e como non, a Lotería de Nadal da Peña Eternos do Barça! Este ano xogamos co número máis culé e máis cheo de ilusión: o 63123.

Dicen que a sorte hai que buscala… e nós xa a temos reservada. Só falta que ti collas a túa participación, porque quen sabe, igual o 22 de decembro o Gordo ven vestido de blaugrana directo ao noso local 🎁🔵🔴.

Imos imaxinar un momento:
👉 O 63123 sae premiado.
👉 Ti tes a túa participación.
👉 E celebrámolo todos/as xuntos na Peña cun vermut ben frío, cantando o himno do Barça a pleno pulmón.

Non deixes que che conten a festa, ti tamén podes ser parte! 🍀

📌 Participacións dispoñibles no noso local social.
📌 Número: 63123 (o número que xa soa a campión).

⚡Acorda, que quen non xoga… non gaña! E lembra: este Nadal, ademais de soñar co triplete, soñamos co Gordo.

Visítanos, colle o teu décimo e dálle unha oportunidade á sorte de vestirse de azul e grana 💙❤️


26 de agosto de 2025

Tarifas para a tempada 2025/2026

📢 Novas tarifas da Peña 2025/2026 📢

Informámosvos que xa están dispoñibles as tarifas para socios e socias da tempada 2025/2026.
O pagamento poderá realizarse directamente no local social ou, se o preferides, mediante transferencia bancaria á conta da Peña.

✅ Seguir formando parte da nosa familia culé é a mellor maneira de vivir e animar ao noso Barça!