1 de septiembre de 2026

As cotas da Peña Eternos do Barça mantéñense sen cambios

A Peña Eternos do Barça de Ourense informa a todos os seus socios e socias de que as cotas para a tempada 2026/2027 se manteñen nos mesmos importes que na tempada anterior.

Na imaxe que acompaña esta nova pódense consultar os diferentes tipos de cotas e os importes correspondentes para esta nova tempada.

Deste xeito, a Xunta Directiva aposta por manter as mesmas condicións económicas, facilitando así a continuidade dos socios e socias e a incorporación de novas persoas á nosa Peña.

Animamos a todos os peñistas a manterse ao día no pagamento da súa cota e a seguir participando nas actividades e encontros que organizaremos ao longo da tempada.


Grazas a todos e todas por seguir facendo crecer a Peña Eternos do Barça!

Força Barça! 💙❤️



No hay comentarios:

Publicar un comentario