2 de febrero de 2013

Reunión da Coordinadora de Peñas

O sábado, 2 de febreiro, realizouse a reunión da Coordinadora de Peñas Barcelonistas de Galicia, no local social da nosa peña.

Previamente disfrutamos dunha comida de confraternidade, entre os representates da maioría das peñas asistentes á reunión, no restaurante Abadía, onde compartimos impresións e pareceres sobre as novas que afectan ao noso querido Club.

Estiveron representadas casi todas as Peñas existentes  do FC Barcelona en Galicia, superando o medio centeñas de directivos os que asistiron ao acto.

A  reunión tivo a seguinte orde do día:
  1. Consello Consultivo de Peñas do FCB. Informe da derradeira reunión celebrada en
    Barcelona o 01/12/2012. 
  2. XXIII Xuntanza de Peñas Barcelonistas Galegas 2013 a celebrar en Ourense.
    Informe da Peña organizadora do estado actual dos preparativos. 
  3. Federación de Peñas Barcelonistas Galegas. Balanzo da situación económica a 31 de
    Decembro do 2012. Ingresos e gastos. 
  4. XXIV Xuntanza de Peñas Barcelonistas Galegas 2014.  Propostas das Peñas
    interesadas en organizala. 
  5. Rogos e preguntas.  
No punto 1, o Presidente da Coordinadora informounos do tratado na última reunión do Consello Consultivo, e do proceso de cambio que está a xurdir na organización das asociacións peñísticas do Barcelona en relación creación dunha federación de peñas galegas e  da elaboración dos seus estatutos.

No punto 2, o Secretario da nosa Peña informou do estado dos preparativos e organización da XXXIII Xuntanza de Peñas que se celebrará en Ourense.

No punto 3, presentouse o balanzo da situación económico a 31 de decembro, sendo este cun saldo positivo a favor da Coordinadora a pesar de que hai algunha peñas que non teñen as contas ao día coa mesma.

No punto 4, resultou elixida a candidatura de Moaña para organizar a XXXIV Xuntanza de peñas galegas no ano 2014.

Para rematar estableceuse un turno de rogos e preguntas onde se acordou seguir agasallando á Peña que cumpla 25 ou 50 anos de existencia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario